Cadernos de Fraseoloxía Galega 22

Cadernos de Fraseoloxía Galega, presenta o seu número 22. Este novo volume está composto por sete artigos de temática moi variada que xiran arredor de cuestións como a variación fraseolóxica diatópica, a didáctica da lingua galega a través dos refráns, a desautomatización fraseolóxica, o tratamento da fraseoloxía nos dicionarios, o refraneiro sobre o mes de outubro nas linguas romances, o tratamento das siglas en situacións comúns heteroxéneas e a influencia do folclore nas unidades fraseolóxicas. Tamén se inclúen dúas recadádivas (a primeira, da fraseoloxía de Xermade e a segunda, do Morrazo), oito recensións e as novidades bibliográficas máis destacadas de 2020.

Ver documento