Cadernos de Fraseoloxía Galega 22
Mar, 31/05/2022 - 18:08Cadernos de Fraseoloxía Galega, presenta o seu número 22. Este novo volume está composto por sete artigos de temática moi variada que xiran arredor de cuestións como a variación fraseolóxica diatópica, a didáctica da lingua galega a través dos refráns, a desautomatización fraseolóxica, o tratamento da fraseoloxía nos dicionarios, o refraneiro sobre o mes de outubro nas linguas romances, o tratamento das siglas en situacións comúns heteroxéneas e a influencia do folclore nas unidades fraseolóxicas.