CADERNOS DE FRASEOLOXÍA GALEGA - CHAMAMENTO PARA CONTRIBUCIÓNS
Wed, 02/02/2022 - 00:00Cadernos de Fraseoloxía Galega (CFG), revista internacional de investigación fraseolóxica e paremiolóxica editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Xunta de Galicia), fai unha chamada para o envío de contribucións para o número 23. Aínda que o prazo de recepción está aberto permanentemente, para este número teranse en conta os manuscritos recibidos ata o 1 de marzo de 2022.